ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN (AGACOM)
CAPÍTULO I. DENOMINACIÓN, OBXECTO, ÁMBITOS, DOMICILIO E DURACIÓN
ARTIGO 1.- Denominación
Coa denominación ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN, constituída tamén baixo a sigla ASGIC e cambiada á de AGACOM, segundo acordo da asamblea xeral de socios de 5 de xullo de 2006, ó abeiro do artigo 2 da Constitución Española, formada por unha Asociación de investigadores e investigadoras de Posgrao, Doutoramento, Licenciatura e Grao do ámbito das Ciencias Sociais e as Ciencias da Información/Ciencias da Comunicación, incluíndo as distintas ramas (Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual), que se rexerá polos presentes Estatutos, pola Lei de Asociacións e polas disposicións legais que, en cada momento, lle fosen aplicables. Nas asambleas xerais de socios do 5 de xullo de 2006 e 10 de maio de 2016 amplíase o alcance da Asociación a investigadores e investigadoras acreditados non titulados en Ciencias da Información/Comunicación e modifícanse parcialmente os seus Estatutos, que quedan aprobados nos seguintes termos e puntos:
ARTIGO 2.- Fins
-
Estimular, promover e potenciar a investigación e o debate en materia de Comunicación no ámbito académico e a súa relación coa sociedade en xeral.
-
Promover o interese das distintas administracións pola potenciación dos estudos de Comunicación así como o apoio e fomento da actividade investigadora nesta área.
-
Contribuir a fortalecer as relacións entre investigadores da Comunicación dos distintos países e rexións europeas, de Iberoamérica e doutras partes do mundo
-
Desenvolver as relacións entre o conxunto de países de comunidades de cultura lusófona a través do intercambio de experiencias que permitan garantir unha posición de importancia na investigación en Ciencias da Comunicación, especialmente a través da súa relación coa Associaçao Iberoamericana de Comunicación (Assibercom), a Lusófona de Ciencias da Comunicaçao (Lusocom) e as entidades federadas a mesma (Mediacom, Intercom, Sopcom, Amescom, Angocom).
-
Promover e potenciar os intercambios con asociacións, federacións, departamentos, grupos de investigación, estudiosos e outras entidades e institucións que teñan fins similares, entre elas as Asociacións Española e Europea de Investigadores da Comunicación e a Federación Lusófona das Ciencias da Comunicación.
-
Colaborar coas asociacións sinaladas nos puntos anteriores, coa promoción e participación nas súas convocatorias de congresos, anuais e bianuais.
-
Fomentar as relacións coas distintas Facultades de Ciencias da Información/Ciencias da Comunicación e coas asociacións de investigadores e profesionais que teñan entre os seus fins semellantes obxectivos. 8. Potenciar a cooperación e creación de redes de intercambio de información entre investigadores.
-
Difundir a investigación dos asociados.
ARTIGO 3.- Actividades
A ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN (AGACOM) realizará para a consecución dos seus fins, entre outras, as seguintes actividades:
-
Defensa, polos medios que se consideran máis oportunos en cada momento, dos intereses dos investigadores da comunicación.
-
Organización e realización de xornadas científicas, simposios e congresos.
-
Organización e realización de cursos, seminarios e mesas redondas sobre a temática que atinxe ós investigadores da Comunicación, fomentando o intercambio de estudios, investigacións, resultados e experiencias con outras institucións, especialmente coas Facultades e Asociacións de Ciencias da Información/Ciencias da Comunicación
-
Potenciación e promoción de publicacións de todo tipo –libros, revistas, informes científicos, etc.- que de algún xeito teñan que ver co mundo da Comunicación.
-
Promoción de investigacións sobre a Comunicación nos distintos ámbitos da sociedade.
ARTIGO 4.-Ámbito e lingua
O ámbito da ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES E INVESTIGADORAS EN COMUNICACIÓN abranguerá á Comunidade Autónoma de Galicia e a súa proxección. A lingua de Agacom e o galego e o seu espazo de representación a lusofonía.
ARTIGO 5.- Domicilio social
O domicilio social da ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN queda establecido na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Avda. de Castelao sen número de Santiago. A Xunta Directiva estará facultada para cambia-lo domicilio social.
ARTIGO 6.- Duración
A ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN constitúse por tempo indefinido.
CAPITULO II. DOS ASOCIADOS
ARTIGO 7.- Asociados
Poderán formar parte da ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN todos aqueles predoutores e doutores en Ciencias da Comunicación ou licenciados en Ciencias da Información que se identifiquen cos fins da Asociación descritos no artigo segundo dos presentes estatutos.
Establécense as seguintes categorías de socios:
7.1. Socios fundadores: os que consten nas escrituras fundacionais da ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN. Os socios fundadores constituirán o CONSELLO DE FUNDADORES.
7.2. Socios efectivos: os doutores que acrediten a súa condición e estén o corrente nos pagos das cotas anuais. Os socios efectivos dispoñen de voz e voto.
7.3. Socios becarios predoutoriais: os estudantes predoutorais que acrediten a súa condición serán admitidos como socios, con voz e voto, e quedarán exentos do pago das cuotas anuais ata adquirir a condición de doutores.
7.4. Socios benéficos e honorarios: persoas individuais ou colectivas que contribúan con doazóns, donativos ou accións relevantes para a Asociación e o sector da comunicación e que sexan admitidas pola Asamblea Xeral da mesma nesa cualidade. Os socios benéficos e honorarios poderán participar na Asociación con voz pero sin voto.
ARTIGO 8.- Do libro de rexistro de socios
A ASOCIACIÓN levará un libro especial no que se anotarán os seus membros, nome, domicilio, data de afiliación e calquera outra circunstancia que lle poida afectar. A petición do asociado, expediraselle certificado acreditativo da súa pertenza ou inscripción no Libro de Asociados.
ARTIGO 9.- Dereitos e obrigas dos asociados
Tódolos asociados terán os mesmos dereitos e deberes dentro da Asociación. Son dereitos esenciais dos asociados:
-
a) O de participar nas Asambleas con voz e voto na forma prevista nos Estatutos.
-
b) O de poder ser electores e elixidos para os postos de estudio, representación, goberno e fiscalización da Asociación
-
c) O de información
-
d) Calquera outro, nos termos previstos nestes Estatutos e na Lei.
-
Son deberes dos asociados:
-
a) Satisfacer puntualmente as cotas, ordinarias e extraordinarias que acorden a Asamblea e a Xunta Directiva, conforme ós Estatutos
-
b) Participar na elección dos seus representantes
-
c) Asistir e participar nas reunións dos órganos de consulta, de goberno, de representación e fiscalización á que pertencesen
-
d) Observar estrictamente os presentes Estatutos
-
e) Acatar e cumpri-los acordos validamente tomados polos órganos de representación, goberno e administración da Asociación.
ARTIGO 10.- Perda da condición de asociado
A condición de membro da ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES EN COMUNICACIÓN pérdese polas seguintes causas:
-
a) Falecemento do asociado
-
b) Vontade expresa do asociado
-
c) Non pagamento de dúas cotas anuais
-
d) A separación por falta grave contra os Estatutos ou fins da Asociación, acordada pola Xunta Directiva, previa instrucción de expediente sancionador, que se tramitará con audiencia do interesado.
CAPITULO III. ÓRGANOS DE GOBERNO
ARTIGO 11.-Réxime da Asociación
A Asociación estará representada, rexida e administrada pola Asamblea Xeral e pola Xunta Directiva, dentro do ámbito das respectivas competencias.
A) DA ASAMBLEA: CLASES E COMPETENCIAS
ARTIGO 12.- Asamblea Xeral
A Asamblea Xeral de Socios validamente constituída é o Órgano supremo e soberano de expresión da vontade da Asociación; os seus acordos, adoptados por maioría, son obrigatorios para tódolos asociados, mesmo para os ausentes e disidentes, sen prexuizo das accións que a estes últimos poidan corresponder, de acordo coa Lei.
ARTIGO 13.- Das Asambleas Xerais
Poderán ser Ordinarias e Extraordinarias.
A Asamblea Xeral Ordinaria celébrase necesariamente unha vez ó ano, coa fin de examinar e aprobar, se houbera lugar, as contas e presupostos, censura-la xestión da Xunta Directiva, elixi-los seus membros e coñecer e adoptar sobre cantos asuntos lle sexan sometidos, conforme ós Estatutos.
A Asamblea Xeral Extraordinaria reunirase cando acorde a Xunta Directiva ou o solicite un número de asociados que represente polo menos un 20% dos asociados. Será especialmente convocada nos supostos de disposición dun gravame de inmobles, acordos para constituir ou asociarse nunha Federación de Asociacións, modificación dos Estatutos e disolución da Asociación.
ARTIGO 14.- Convocatoria
As Asambleas Xerais Ordinarias serán convocadas pola Xunta Directiva con polo menos sete días de antelación á data prevista para a súa celebración, mediante comunicación na que se determinará o día, lugar e orde da reunión e na data e lugar que se procederá, e reunirase en segunda convocatoria. Entre a primeira e a segunda convocatoria haberá de mediar polo menos un prazo de 30 minutos. As Asmbleas Xerais Extraordinarias poderán convocarse con 48 horas de antelación.
ARTIGO 15.- Asamblea Universal
Non será precisa convocatoria se estando reunidos tódolos asociados acordan unanimemente constituirse en Asamblea. A Asamblea Universal así constituída ostentará tódalas competencias que corresponden á Xunta Xeral Ordinaria como á Extraordinaira.
ARTIGO 16.- Asistencia ás Asambleas
Poderán asistir ás asabmleas con voz e voto tódolos asociados. Carecerán de dereito a voto aqueles asociados que non estean ó corrente no pagamento das cotas. Poderán asistir á Asamblea, pero sen voto, os asesores que a Xunta Directiva estime convenientes.
ARTIGO 17.- Quórum
Para a válida constitución das Asambleas Xerais Ordinarias e Extraordinarias será necesaria, en primeira convocatoria, a metade máis un dos asociados. Celebrarase en segunda coa asistencia de que concorra á reunión.
ARTIGO 18.- Constitución da Mesa e da Asamblea. Deliberacións. Adopción de acordos.
As sesións das asambleas serán presididas pola persoa que ostenta a Presidencia da Xunta Directiva, e actuará como Secretario o que o sexa da propia Xunta Directiva. A mesa formará a lista de asistentes. O Presidente declarará a Asamblea validamente constituída, sometendo a deliberación os asuntos que deberán ser tratados segundo a orde do día; dirixirá e ordenará o desenvolvimento dos debates, declarará os asuntos suficientemente debatidos e ordenará proceder á votación, proclamando o resultado desta. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos presentes e representados na Asamblea e serán inmediatamente executivos, salvo que se dispuxera outra cousa.
As modificacións estatutarias, a constitución en Federación ou Confederación de asociados ou integración nunha xa existente, e a disolución da Asociación esixirá o voto favorable da maioría dos asociados e asociadas.
ARTIGO 19.- Actas e certificacións
As deliberacións das Asambleas Xerais faranse constar en actas estendidas no correspondente libro e asinadas polo presidente e secretario. A acta poderá ser aprobada pola propia asamblea a continuación de celebrarse esta, ou noutro caso, e dentro do prazo de 15 días, polo Presidente e dous interventores nomeados pola Asamblea. As certificacións dos acordos da Asamblea Xeral serán expedidos polo Secretario co visto e prace do Presidente.
B) DA XUNTA DIRECTIVA
ARTIGO 20.- A Xunta Directiva
A Xunta Directiva estará formada por seis membros, existindo necesariamente os seguintes cargos:
-
Un Presidente
-
Un Secretario
-
Un Tesoureiro
-
Tres Vogais
En caso de ausencia, o presidente será sustituído polo vocal de máis idade dos presentes.
ARTIGO 21.- Da elección da Xunta Directiva
A elección dos membros da Xunta Directiva terá lugar mediante sufraxio libre e screto, na Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación, sendo electores e elixibles tódolos asociados, agás os que non se encontren ó corrente no pagamento das cotas.
ARTIGO 22.- Presentación de candidaturas
As candidaturas presentaranse na Secretaría da Asociación e cada unha delas estará integrada por un Presidente, un Secretario, un Tesoureiro e tres vogais.
As candidaturas presentaranse unha vez aberto o proceso electoral, no prazo estipulado pola Xunta Directiva cando convoque as eleccións e cunha antelación mínima da data de celebración destas de 10 días.
Dous días despois de pechado o prazo de presentación de candidaturas, a Xunta Directiva fará a proclamación provisional das mesmas e transcorridos cinco días –período de reclamacións- a Mesa Electoral fará a proclamación definitiva das mesmas. Esta proclamación farase, como mínimo, 72 horas antes da data sinalada para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria na que teñan lugar as eleccións.
ARTIGO 23.- Mesa Electoral
O acto electoral estará presidido pola Mesa Electoral, que estará integrada por catro membros da Asociación elixidos por sorteo entre os socios que non sexan candidatos. O membro máis vello da mesa actuará como presidente, o máis novo como secretario e os outros dous como vogais.
O sorteo para a elección dos membros da Mesa Electoral será público e realizado pola Xunta Directiva o mesmo día da proclamación provisional das candidaturas. No período máximo de tres días deberá constituirse dita Mesa e encargarase do proceso electoral, sendo xa responsabilidade súa a proclamación definitiva das candidaturas.
ARTIGO 24.- Duración dos cargos
Os membros da Xunta Directiva exercerán os seus cargos por catro anos. A convocatoria de eleccións realizarase todo o máis tarde dentro do mes seguinte ó do remate do mandato. A Xunta Directiva, dende a convocatoria das eleccións ata a elección da nova directiva, actuará en funcións.
ARTIGO 25.- Facultades e a súa delegación
A Xunta Directiva é o órgano encargado de dirixir, administrar e representar a Asociación, con plenitude de facultades, sen prexuizo das atribucións que lle corresponden á Asamblea. Disporá, en xeral, dos máis amplos poderes, sen limitacións nin reserva algunha, para a xestión, administración e representación da Asociación, a salvo das facultades privativas da Asamblea.
Por isto, son atribucións da Xunta Directiva o desenvolvemento de actividades sociais, exercicio da marcha social, convocatoria de asambleas, ordinarias e extraordinarias, sometendo a elas as proposicións que estime convenientes, administra-los fondos sociais, contrata-lo persoal e asesores que considere necesarios e satisface-los gastos que ocasionen.
ARTIGO 26.- Do Presidente
O Presidente poderá ostentar, por delegación da Xunta Directiva, a representación legal da Asociación, actuando no seu nome fronte a terceiros, e executará os acordos da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva, se non se dispuxese neles outra cousa.
C) DO COMITÉ CIENTÍFICO E SECCIÓNS
ARTIGO 27
Agacom contará tamén cun Comité Científico Consultivo. A composición, funcións e integrantes do mesmo desenvolveranse a través dun regulamento que deberá ser aprobado pola Asamblea Xeral.
ARTIGO 28
Agacom poderá constituir, igualmente, seccións temáticas de traballo a proposta dos asociados e asociadas, que sirvan aos diferentes fins e obxetivos citados nestes Estatutos. As seccións estarán coordinadas por até tres integrantes da Asociación, procurando en cada unha delas a diversidade de disciplinas, xéneros e centros de investigación. A creación ou revocación de seccións requerirá do acordo da Asamblea Xeral de Agacom e os seus coordinadores, que formarán parte do Comité Científico, tamén serán ratificados pola mesma. Os coordinadores elixiranse tamén coincidindo coa elección estatutaria establecida para a Xunta Directiva.
D) DO CONSELLO DE FUNDADORES
ARTIGO 29. - Membros
O Consello de Fundadores estará composto polos fundadores e primeiros integrantes da Asociación e poderán designar, si o consideran, unha directiva, formada por unha presidencia e dúas consellerías, que os representará durante un período e mandato de cinco anos. O Consello de Fundadores constituirase na seguinte Asamblea Xeral a aprobación destes Estatutos.
ARTIGO 30. - Competencias
Son competencias dos integrantes e/ou directiva do Consello de Fundadores as seguintes:
30.1. Vixiar polo cumplimento dos obxetivos da Asociación
30.2. Propoñer a Xunta Directiva da Asociación as cuestións que consideren para a o seu debate e aprobación no seo da mesma.
30.3. Encargarse das relacións e proxección internacional da Asociación, especialmente no fomento da investigación e intercambio con docentes e investigadores da área lusófona e, especialmente, con Assibercom, Lusocom e as entidades federadas as mesmas.
CAPITULO IV. PATRIMONIO E PRESUPOSTO SOCIAL
ARTIGO 31.- A Asociación constituirase sen patrimonio fundacional, que virá formado no futuro polos excedentes de cotas fixas sobre gastos e toda clase de donativos ou legados co obxecto exclusivo do cumprimento dos fins da Asociación. Os asociados poderán reclamar anualmente o estado de contas.
As cotas extraordinarias esixidas para un obxectivo estatutario concreto, deberán investirse integramente na fin que as motivara, podendo destinarse o sobrante, se o houbera, a calquera outra finalidade ordinaria ou extraordinaria.
ARTIGO 32.- Do orzamento social
Anualmente a Asamblea Ordinaria aprobará un presuposto de gastos ordinarios que, en principio, deberá ser cuberto polo importe das cotas fixas.
ARTIGO 33.- Da comisión de fiscalización ou vixilancia
Poderá igualmente a Asamblea Xeral Ordinaria crear unha Comisión de Fiscalización e Vixilancia, integrada por cinco asociados, elixidos anualmente por sufraxio libre e secreto.
CAPITULO V. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
ARTIGO 34.- Disolución
A Asociación disolveráse por vontade dos asociados, manifestada mediante acordo adoptado en Asamblea Xeral Extraordinaria, convocada a dito efecto, reunida validamente e coa maioría esixida nos presentes estatutos. Tamén se disolverá por sentencia xudicial firme.
ARTIGO 35.- Liquidación
Acordada validamente a solución, a Xunta Directiva actuará como liquidadora mediante o cobro dos créditos e pagamento das débedas, ata o seu total finiquito, estando sobre o particular ó que dispoñen as normas legais vixentes.
No caso de disolución o patrimonio da Asociación pasará a unha entidade afin, a determinar pola Xunta Directiva
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
A primeira Xunta Directiva será elixida pola Asamblea constituínte, na mesma asamblea.