top of page

O Festival Internacional de Documentais de Melgaço promove o cinema etnográfico e social

Terá lugar entre o 2 e o 7 de agosto de 2014

Filmes do Homem, Festival Internacional de Documentário de Melgaço, pretende promover e divulgar o cinema etnográfico e social, mediante a proxección de filmes sobre identidade, patrimonio, territorio e memoria.

A súa programación está marcada por tres eixos principais:

  • O tema anual, nesta edición é a Emigración cara a Francia, supón o punto de partida para un seminario que promove a reflexión e o intercambio de ideas entre os participantes.

  • Unha programación elaborada a partir dunha mostra competitiva con filmes selecionados en función do tema central, amais de filmes convidados.

  • En cada edición prodúcense contidos audiovisuais sobre a rexión.

Este festival conta co apoio e colaboración de varios grupos de investigación vencellados á diversas Universidades do espazo lusófono. Entre eles figuran DIVERSITAS da Universidade de Sao Paulo, LABCOM da Universidade da Beira Interior, CEMRI da Universidade Aberta e o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA)da Universidade de Santiago de Compostela.

Pódese consultar as actividades programadas no site do festival.

Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags
bottom of page