top of page

Alén das fronteiras: redes na diversidade

Alén das fronteiras: redes na diversidade será o eixo vertebrador do I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores en Comunicación, encontro qu ese celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela os días 20 e 21 de novembro de 2017.

A Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM) organiza o 20 e 21 de novembro de 2017 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela o seu primeiro congreso internacional sobre a diversidade e as redes da investigación e a comunicación a través dos seis eixos temáticos seguintes: historia da comunicación; estructura, medios e soportes da comunicación; publicidade, relacións públicas e comunicación organizacional; teorías, métodos e técnicas de investigación da comunicación e da recepción dos medios; políticas da diversidade e discursos de xénero; e cibercomunicación e cultura dixital.

Con tal motivo AGACOM fai unha chamada pública xeral para o envío de propostas de comunicación que, unha vez avaliadas e elaboradas de forma completa, poderán presentarse no congreso e publicarse nun libro con ISBN editado pola Universidade de Santiago de Compostela. Unha mostra das melloras investigacións presentadas poderán ser seleccionadas para un monográfico da revista Grial, da editorial Galaxia de Vigo, e para outras publicacións indexadas.

A organización deste congreso está a cargo de AGACOM, asociación formada por investigadores das tres Universidades galegas que imparten materias das ciencias da comunicación, coincidindo coa data dos 25 anos de implantación destes estudos en Galicia. Esta asociación, creada en 2003, ten como fins contribuir a fortalecer as relacións entre os investigadores da comunicación dos distintos países europeos, de Iberoamérica e doutras partes do mundo, entre elas as que corresponden ao conxunto de comunidades de cultura lusófona a través do intercambio de experiencias que permitan garantir unha posición de importancia na investigación en ciencias da comunicación. Neste senso a súa presenza e colaboración é intensa tanto na Asociación Española de Investigadores de Comunicación (AE-IC) como na Federación Lusófona das Ciencias da Comunicación (LUSOCOM), do mesmo xeito neste último caso que as entidades federadas de SOPCOM de Portugal, INTERCOM de Brasil, MEDIACOM de Cabo Verde e ACICOM de Mozambique.

CHAMADA para a presentación de propostas de comunicacións

(descarga a versión en portugués / castelán)

1. A través do formulario que se reproduce a continuación, envío de abstract en galego, castelán, portugués, inglés ou francés de ata 250 palabras no que se indique o título, autor/es, Universidade de procedencia e correo electrónico de contacto así como un eixo temático no que encaixar o texto (ver punto 6 da presente chamada), 5 palabras clave, obxecto, obxectivos, metodoloxía e bibliografía de referencia da comunicación sobre a investigación a presentar. Cada autor poderá presentar ata duas comunicacións e debe matricularse polo menos un dos seus asinantes para poder participar no congreso.

2. A data para o envío dos abstract estará aberta desde o 15 de febreiro ata o 30 de abril de 2017.

3. O envío de propostas realizarase mediante EasyChair facendo clic no seguinte ENLACE.

4. A partir do 30 de maio comunicarase a aceptación das propostas de comunicacións avaliadas pola equipa do Comité Científico do Congreso.

5. As comunicacións completas para incluir no volumen de Anais do Congreso deberán ser enviadas, de acordo coas normas de edición e estilo establecidas, antes do 30 de setembro de 2017.

6. Os eixos temáticos para a adscripción dos abstract e comunicacións do congreso son:

  • Historia da comunicación

  • Estructura, medios e soportes da comunicación

  • Publicidade, relacións públicas e comunicación organizacional

  • Teorías, métodos e técnicas de investigación da comunicación e da recepción dos medios

  • Políticas da diversidade e discursos de xénero

  • Cibercomunicación e cultura dixital

Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags
bottom of page