top of page

Margarita Ledo, primeira muller galardoada co Premio Otero Pedrayo

Margarita Ledo Andión, xornalista, cineasta, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega recibiu de mans da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Premio Otero Pedrayo no 130 aniversario do nacemento do escritor ourensán.

Tiveron que pasar corenta anos dende que a Xunta de Galicia, co apoio das catro deputacións provinciais, convocara por primeira vez o Premio Otero Pedrayo no 1977 para que unha muller fora galardoada na edición de 2017.

Margarita Ledo foi presidenta da Federaçao Lusófona de Ciencias da Comunicação (LUSOCOM) e da Asociación Galga de Investigadoras e Investigadores en Comunicación (AGACOM), ex Vicepresidenta primera de la Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e ex Vicepresidenta de la Asociación Iberoamericana de Comunicación (ASSIBERCOM), entre outras asociacións de ámbito internacional.

Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags
bottom of page