top of page

Carlos Toural, novo presidente da AGACOM

A Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores da Comunicación vén de renovar xunta directiva nunha asamblea celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela na tarde de onte, xoves 6 de xuño.

A nova direitoría, presidida por Carlos Toural, conta con Marta Pérez Pereiro (secretaria), Iván Puentes Rivera (tesoureiro), Alberto Pena (vogal), Fernando Redondo Neira (vogal) e Marta Rodríguez Castro (vogal).

O novo presidente deu as gracias aos socios que asistiron á asamblea pola confianza amosada na candidatura así como tamén agradeceu á direitoría saínte o traballo realizado nos últimos catro anos. Estreitar as relacións coas outras asociacións da lusofonía do ámbito da comunicación, contar cos doutorandos das tres universidades galegas en todas as áreas así como propoñer novos espazos de diálogo e encontro son algúns dos obxectivos do novo equipo.

Etiquetas:

Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags
bottom of page