top of page

AGACOM, GEA e Novos Medios organizan a mesa redonda "A lusofonía por vir"




"A lusofonía por vir" é o eixo sobre o que xirará a mesa redonda que AGACOM, o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e o Grupo Novos Medios organizan o vindeiro xoves, día 21, ás 16 horas no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.

O evento contará coa participación de Margarida Krohling Kunsch (Universidade de Sao Paulo) e Moisés de Lemos Martins (Universidade do Minho) que serán, ámbolos dous, distinguidos coa insignia de ouro da USC o venres 22. Formarán parte da conversa aberta Xosé Ramón Pousa Estévez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación), Margarita Ledo (directora do GEA) e Víctor Fernández Freixanes (presidente da Real Academia Galega).

A mesa redonda poderá seguirse en directo no propio auditorio ou ben por streaming.


Comments


Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags
bottom of page