top of page

Chamada de traballos para o Anuário Internacional de Comunicação Lusófona



A (SOPCOM) fixo pública a apertura do prazo para o envío de propostas para a edición 2019/20 do Anuário Internacional de Comunicação Lusófona. O tema central desta edición é "Geografias da diversidade", o que non obsta para que se poidan enviar textos que traten outros temas do ámbito da comunicación e a cultura no espazo lusfóno.



A data límite de envío para os textos (artigo completo) é o 30 de xuño de 2020 e enviarase resposta sobre a aceptación antes do 1 de agosto. Deberá realizarse o envío da proposta a pserra@ubi.pt , secretariado@sopcom.pt.


Normas para o envío de textos

Os artigos deberán enviarse en formato Word, tamaño A4, tipografía Times New Roman, letra corpo 12 e espazo 1,5. Os gráficos e ilustracións deberanse facer chegar en formato .jpg ou .tif, cunha resolución de 300 ppp (mínimo), no final do texto en páxinas destinadas especificamente a ese fin.


A estrutura do texto debe contar cun resumo de 1.000 caracteres (máximo, contando cos espazos) e palabras chave (máximo 5) en dous idiomas (portugués ou galego e inglés). O corpo do artigo debe ocupar un máximo de 50.000 cartacteres (contando cos espazos).

Os elementos de identificación dos autores deberán ser enviados nunha páxina separada e deberán incluír: título do artigo, nome(s) do(s) autor(es), institución(s) de afiliación e enderezos electrónicos.


As referencias bibliográficas seguirán as normas APA 6ª edición (https://www.apastyle.org/).


Máis información neste enlace.

Comments


Entradas destacadas
Entradas recentes
Arquivo
Buscar por tags
bottom of page